tag:blogger.com,1999:blog-73683946704276426602024-02-19T01:14:07.051-08:00SENDEIROS NO CONCELLO DE QUIROGAWEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.comBlogger19125tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-32593896985007473232014-06-09T02:29:00.000-07:002015-04-15T00:48:58.309-07:00RUTA DO CAMIÑO FERRADAL OU DA CALEIRA: RUGANDO-PARADAPIÑOL-PARADASECA-PONTE SOLDÓN

PERCORRIDO APROXIMADO: 11 km

DIFICULTADE: media-alta

TEMPO ESTIMADO: 4 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre se atopa nas mellores condicións. Hai que prestar atención especial no treito entre Rugando e Paradapiñol, onde hai varios pasos que requiren moita precaución.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN E O NIVEL DE CADA PERSOA.

O Camiño Ferradal ou da Caleira desenvólvese de xeito íntegro nas parroquias de Bendollo, Paradaseca e Vilarmel no Concello de Quiroga. Une os lugares de Rugando, Paradapiñol, Paradaseca e Ponte Soldón cun percorrido de 11 km. En calquera destas localidades pode iniciarse un percorrido polo camiño e para chegar a elas o acceso faise dende o PK-467 da estrada N-120, tomando a estrada local que conduce a Cereixido.

O percorrido proposto arranca dende a ferrería de Rugando, hoxe casa de turismo rural: atravesamos o río pola ponte que une este lugar con Vilarmel e Cereixido, o camiño sae á dereita e atravesa un frondoso souto do que aínda se apañan as castañas, despois de varias encrucilladas perfectamente sinalizadas e sempre con dirección sur, na marxe esquerda do río Soldón, o camiño faise máis estreito e quebrado na baixada ao río onde aínda se poden ver os restos dunha ponte que permitiría acceder a Paradapiñol. Neste treito o sendeiro vai cerca do río para ir gañando altura progresivamente ata separarse do camiño vello que subía cara a Cereixido. A partir deste cruzamento o sendeiro vai máis ou menos ao chan ata chegar a unirse co Camiño Ferradal. Neste punto podemos volver ao punto de partida subindo á aldea de Paradapiñol ou continuar a ruta cara a Paradaseca e Ponte Soldón.

Unha vez superado o cruzamento da ponte de Paradapiñol, o camiño ascende con suavidade cara ao lugar do Castro para descender tamén con suavidade ata unha ponte de madeira que atravesa o regato do Barreiro procedente de Cereixido. Baixo a ponte e nun lugar de gran beleza atopamos un muíño fariñeiro que segundo contan nunca chegou a funcionar. Dende o rego de Cereixido o sendeiro empeza a gañar novamente altura bruscamente ao primeiro e logo de xeito doado, pasando ao carón dun curioso abrigo rochoso probablemente empregado antano polos pastores. Pronto nos atopamos co rego de Rocaboa que baixa bruscamente do chan de Fiais en abruptas fervenzas. Atravésase novamente por una ponte de madeira para ir gañando altura ata saír do rego e circular a media ladeira polo val do río Soldón. Neste val o camiño descende paseniño ata cruzar o Soldón na espectacular ponte do Frade; xa na beira dereita a ruta percorre un treito rodeado de sequeiros e alvarizas que nos conduce ata o lugar de Pena Furada. Para chegarmos ao túnel escavado polo romanos para conducir auga a varias minas auríferas, temos que abandonar o camiño uns 100 m en dirección ao río por unha senda ben marcada.

A partir de aquí o sendeiro diríxese cara a Paradaseca. Hai dúas opcións pouco despois da primeira encrucillada: -a primeira ascende directamente cara á aldea por un bosque de piñeiros, -a segunda, baixa cara ao río polo lugar da ferrería da Gorgueira e ascende logo bruscamente cara a Paradaseca ou tomando un desvío pouco antes de chegar á aldea para, xa en continua baixada, chegar á Ponte Soldón despois de pasar pola paraxe que ocupa a cova de Ricopete, que foi mina romana.

A pouco que un penetre neste camiño, percibe que se atopa ante algo máis que unha vía de comunicación abandonada: estamos ante un claro exemplo de adaptación ao medio, ante un elemento etnográfico en si.

Colgado nun terreo de pronunciada pendente, a súa caixa foi picada, ás veces, directamente na rocha natural, na lousa, alcanzando en ocasións unha altura superior aos 2,5 m polo lado do monte. Pola contra, cara á caída do val, nas numerosas ocasións en que a morfoloxía do terreo ou a cota o esixe, aséntase sobre un muro de laxes de lousas horizontais (laxes sacadas da construción da caixa do propio camiño), encargado de soportar o entullo que nestes tramos formaría toda ou parte da súa capa de rodadura.

Comúns á meirande parte dos camiños tradicionais asentados sobre o substrato rochoso natural, as rodadas esculpidas no chan dos típicos carros de bois do país están tamén aquí presentes como proba dun continuado uso desta vía no tempo, probablemente para o transporte do ferro producido na ferrería de Rugando e do cal cocido nos fornos da zona.

Ver Ruta do Camiño Ferradal ou da Caleira: Rugando - Paradapiñol - Paradaseca - Ponte Soldón en un mapa más grande

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-69863704868281658442012-09-17T04:37:00.002-07:002012-09-17T04:45:06.280-07:00TRAVESÍA DOADE (SOBER)-PARADA (AUGASMESTAS-QUIROGA). RIBEIRA SACRA.

Ruta creada pola Asociación Cultural de Sober "Colado do Vento".

Información tirada do Club Acivro de Lugo en Wikiloc:

-Percorrido: 28 km.

-Dificultade orientativa: Alta.

Moita máis información en:

http://en.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2839834

http://www.segatur.com/prg157.htmlWEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-2723085921506536162011-03-26T04:47:00.000-07:002011-07-29T03:30:29.928-07:00RUTA DA SEARA-FORMIGUEIROS-A SEARA (POLO VAL DE FORGAS)
ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre se atopa nas mellores condicións.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Percorrido aproximado:

Opción 1-A Seara-Alto de Formigueiros e baixada pola Lucenza: 10, 57 km

Opción 2-A Seara-Alto de Formigueiros e baixada por Vieiros: 12,16 km

Dificultade: media/alta

Tempo estimado:

Opción 1-A Seara-Alto de Formigueiros pola Lucenza: 5 horas e 15 minutos

Opción 2-A Seara-Alto de Formigueiros por Vieiros: 5 horas e 40 minutos

Descrición do percorrido:

A ruta iníciase no lugar da Seara (parroquia da Seara-Quiroga), ascendendo ao longo do río Selmo e do rego de Forgas, durante uns 4,75 km aproximadamente, ata chegar ao Alto de Formigueiros, pico de máis de 1600 m de altitude.

Neste percorrido de ascenso podemos atopar diversos elementos de valor cultural, como son un forno de cal, habitual nestas zonas, onde se levaba a cabo a transformación da pedra calcaria en cal para o seu emprego en diversos usos, ou unhas curiosas fontes coñecidas como “fonte calcaria” e “fonte rubia” que atopamos separadas tan só uns metros unha da outra.

Unha vez no Alto de Formigueiros teremos dúas posibilidades á hora de realizar o traxecto de volta:

1ª. Unha pola vertente oeste do val, baixando pola lagoa da Lucenza, percorrido por onde tamén poderemos atopar a fervenza do Fócaro, xa no seu tramo final.

2ª. A segunda opción será realizar o percorrido polo lado leste do val, descendendo ata o lugar de Vieiros e posteriormente ao punto de inicio, sendo este o percorrido de maior distancia.

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-37352540902058373752011-03-26T04:40:00.001-07:002012-03-06T23:40:17.777-08:00RUTA DA FONTE DO CAL A CEREIXIDO

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Percorrido aproximado: 1,60 km

Dificultade: media

Tempo estimado: 20 minutos

O SOUTO DA CALEIRA

A ruta discorre por parte do coñecido como o souto da Caleira que debe o seu nome á caleira ou forno de cal que podemos atopar no seu interior.

Neste contorno somos testemuñas das fermosas paisaxes que estas plantacións tradicionais de castiñeiros poden formar, sen deixarmos pasar por alto como a man do home os foi transformando para a obtención da castaña, conseguindo mediante o “demoucado”, ou derramado das copas, a axeitada renovación das pólas que permita manter a produción deste froito.

A GRANDES MALES...

A fisiografía abrupta desta comarca presenta dificultades á hora da recolección manual das castañas, especialmente en determinadas zonas ao redor dos cursos fluviais como a que nos ocupa, onde as pendentes se ven acentuadas.

O enxeño popular resolveu o inconveniente cunha demostración de sinxeleza práctica, consistente na colocación dunha serie de obstáculos a base de elementos de madeira (táboas habitualmente) fixadas ao chan mediante chantas, que impiden que os froitos da árbore se perdan no fondo da ladeira. Ademais disto, permite a súa acumulación na situación da estrutura, o que aumenta enormemente os rendementos da recolección.

A CASA DA SANTA

Trátase dunha pequena construción, na actualidade completamente arruinada, dedicada a santa María Madalena. Esta edificación responde ás características típicas das pequenas desta zona: pequena planta rectangular dunha soa nave, cuberta con teitume a dúas vertentes e cunha prolongación do tellado sobre a porta da entrada. A parede que separa o saínte do tellado do interior, ademais de ser o lugar ocupado pola imaxe da Santa no centro, non era maciza, normalmente estaba composta de barrotes verticais que permitían contemplar o interior ao formaren unha especie de celosía.

Noutro tempo os veciños, aínda que a construción queda afastada da aldea, baixaban a celebrar a festa no seu contorno. Por ser todo este lugar máis baixo e soleado que o emprazamento que ocupa actualmente Cereixido, é posible que a orixe desta localidade estivera no contorno da casa da Santa e o souto da Caleira.

CURIOSOS ENTERRAMENTOS

Outro elemento con valor cultural e relixioso presente na zona son unha serie de escavacións feitas na rocha. Trátanse de enterramentos con forma humana (“antropomorfos”) situados na contorna da capela.

O FORNO DE CAL DE CEREIXIDO

Atopamos no percorrido pola ruta un dos múltiples fornos empregados antigamente para a obtención de cal a partir de pedra calcaria presente na zona, formando parte dunha pequena industria caleira establecida no concello de Quiroga. Ao lado podemos encontrar un panel explicativo con información sobre o forno e os procesos que nel se levaban a cabo.

O MUÍÑO FARIÑEIRO DE CEREIXIDO

No último tramo da ruta, onde o percorrido cambia a súa dirección sur pola noroeste, camiño da aldea de Cereixido, atopamos un antigo muíño fariñeiro. Estas contrucións de uso agrario aproveitaban a forza dos ríos ou regatos mediante unha roda provista dun número determinado de culleres sobre as que impactaba a auga habitualmente encamiñada por unha canalización de forte pendente, facendo xirar o mecanismo.

OS ARREDORES DA ALDEA DE CEREIXIDO

Como punto final da ruta atopamos a aldea de Cereixido. Este pequeno núcleo de poboación de escasos habitantes forma un fermoso enclave rural, onde podemos atopar curiosas corredoiras e contrucións populares de singular beleza. Entre os elementos de valor patrimonial que compoñen este contorno destácanse a igrexa parroquial e un teixo catalogado como árbore senlleira.

A igrexa de Cereixido é un edificio do último terzo do século XVIII con nave rectangular e teitume de madeira a catro vertentes. Dispón dunha pía bautismal dese mesmo século, no baptisterio con bóveda de canón. O retablo maior é de arte rococó, sendo os laterais neoclásicos, todos do século XVIII. Conta con diversas esculturas, entre elas, as de san Pedro, santa Catarina, Nosa Señora do Rosario, santo Antón de Padua, a Madalena e un cristo tamén do século XVIII.

Ao carón da porta que dá acceso ao adro aparece un gran teixo ao que se lle estima unha idade de máis de 100 anos. Cun perímetro basal de 7,80 m e case 14 m de altura, podemos achegar como curiosidade desta árbore senlleira que o seu enorme tronco está dividido en dúas partes como consecuencia da caída dun raio.

O contorno do teixo e do recinto eclesiástico está dominado pola matogueira, que cobre e enverdece palmo a palmo o lugar, e por unha masa de especies arbóreas madeireiras e froiteiras, con dominancia de castiñeiros, cerdeiras, nogueiras, pereiras e maceiras. A ninguén se lle escapa que as cerdeiras, que medran por todas as partes, fan honor e xustifican a toponimia local.

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-38799613135078745552011-02-23T00:07:00.000-08:002011-08-01T01:39:58.917-07:00RUTA DO RÍO LOR: O CEBREIRO-AUGASMESTAS
http://www.rutadoriolor.es/seccion.1.php
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-21147546294546964752010-07-06T04:41:00.000-07:002011-08-01T02:25:08.266-07:00RUTA DO PASEO FLUVIAL DOS RÍOS SIL E QUIROGADistancia aproximada: 5 km

Dificultade: baixa

Tempo de percorrido: 2,5 horas

A moi pouca distancia do núcleo urbano de Quiroga, pódese desfrutar dun apacible paseo polas marxes de dous dos ríos máis característicos do concello: o Sil e o Quiroga. A vila aséntase no ángulo que forma a confluencia de ambos os cursos, conectando co Quiroga polo leste e co Sil polo oeste. Calquera destes dous lados pode servir para iniciarmos un paseo que vai en todo momento á beira da auga.

Nesta proposta, partiremos dende o lado do Sil. O desvío cara ao camiño fluvial parte da estrada que leva a San Clodio, e dende alí discorre baixo a sombra ata chegar á área de lecer que está situada xusto onde o Quiroga desemboca no Sil. A partir de aquí remontamos o río ata chegarmos á ponte de San Xulián de Abaixo, onde podemos ter a opción de continuarmos ata A Ribeira pola marxe dereita ou pola esquerda do río.

Ver Paseo fluvial dos ríos Sil e Quiroga en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-12954018228636978582010-01-24T02:07:00.001-08:002011-08-01T03:11:40.770-07:00PLANO SITUACIÓN CONCELLO DE QUIROGA

Ver mapa más grandeWEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-18140642354581707802010-01-15T01:30:00.000-08:002011-07-29T03:08:44.034-07:00RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL. MARGARIDELugar: Margaride de Lor-Quiroga (Lugo)

Ano de homologación: 2010

Accesos: hai que tomar o desvío a Margaride dende a estrada N-120, entre Monforte e Quiroga

Lonxitude: 16 km

Punto partida/chegada: Margaride

Percorrido: Margaride, complexo aurífero do Medo, castro de Ares, Camiño Real, capela dos Remedios, igrexa de Quintá de Lor, capela de Sto. Vicente e Margaride

Dificultade: media/alta

Duración estimada: 5 horas e 20 minutos

Servizos: en Quiroga e xunto á estrada N-120

MIDE Medio (1) Itinerario (2) Desprazamento (3) Esforzo (3) http://www.euromide.info

Acceso en bicicleta: hai percorridos transitables

Acceso a cabalo: apto na maior parte

Cartografía: IGN. 1:25000 / Nº 189-II

Máis información: Asociación de Veciños de Margaride

XEORREFERENCIA - TRACK: Ruta do Ouro e do Camiño Real

DESCRICIÓN DO PERCORRIDO:

A ruta comeza na aldea de Margaride, a carón das covas do Medo, onde podemos percibir o que foi a zona de explotación mineira. Iniciamos a ruta en dirección sur tomando o antigo camiño que comunicaba Margaride coa aldea das Covas, dende onde empezaremos unha suave subida cara ao castro de Ares que se tornará máis complicada a medida que nos achegamos ao castro.

Unha vez no cumio, a carón do castro e do miradoiro, poderemos gozar dunhas fermosas vistas sobre o río Sil, así como das ruínas do castro. Superado este tramo, a ruta prosegue por unha divisoria con suaves pendentes e baixadas por entre os piñeirais do monte veciñal de “Lor marxe esquerda” ata atoparnos co trazado do Camiño Real, tamén sinalizado como Camiño de Inverno, polo cal proseguimos a nosa andaina.

A partir deste punto o camiño vólvese bastante chairo pasando por riba da aldea de Riomaior e continúa ata chegar a carón da capela dos Remedios, xa preto da aldea de Carballo de Lor, punto dende o cal a ruta se volve descendente ata a ponte do Rigueiro, para afrontarmos unha pequena subida que nos devolve a Margaride.

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-59762837727364874992009-12-14T04:08:00.000-08:002011-08-12T02:55:16.417-07:00RUTA DAS ABELLAS QUIROGA-O CAUREL

http://www.rutadasabellas.com/

Ver Ruta das Abellas no concello de Quiroga en un mapa más grandeWEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-50141182196038714712009-12-02T02:21:00.000-08:002011-08-12T02:58:50.934-07:00RUTA SUR DO CAMIÑO DE SANTIAGO OU CAMIÑO DE INVERNO AO SEU PASO POR QUIROGA

PERCORRIDO APROXIMADO: 35,5 km

DIFICULTADE: media/alta

TEMPO ESTIMADO: 8 horas

Unha das entradas do Camiño de Inverno nas terras lucenses é a que despois de deixar a vía romana XVIII, na Rúa de Valdeorras, segue o curso do río Sil para entrar nas terras do val de Quiroga seguindo unha antiga vía romana secundaria que nalgúns treitos aparece ocupada por vías de comunicación modernas. O camiño entra superposto á estrada 533 e pasa entre as casas da aldea dos Albaredos, límite coa provincia de Ourense, deixando á dereita un muíño de aceite aínda en funcionamento. Para evitarmos o asfalto, poderemos iniciar a andaina no lugar de San Martiño, aldea que conserva magníficos exemplos da arquitectura popular á que se accede dende a estrada N-120, e seguir ata A Fraga Furada onde se xunta co Camiño de Santiago. A altura pola que discorre sobre un cantil permítenos facer un percorrido espectacular, moi próximo ao Camiño, dende o que se observa o río Sil, a estrada N-120 e a vía do tren, ademais dunha frondosa vexetación de connotacións mediterráneas.

Calquera dos dous treitos, ben dende Os Albaredos ou ben dende San Martiño, lévanos a Montefurado, onde podemos contemplar o espectacular túnel escavado polos romanos para desviar o curso normal da auga e extraer o ouro que arrastra, dándolle o nome igual que á aldea que atravesamos que conserva a fonda pegada da arquitectura tradicional. Tamén podemos atopar aquí a igrexa parroquial de san Miguel, construída a mediados do século XVIII. Dende Montefurado iniciamos a subida en medio das arxilas avermelladas que os romanos explotaron para obter o ouro que contiñan explotando estas minas a ceo aberto e que aínda hoxe conservan moitos dos seus primitivos elementos. Subimos ata o lugar do Ermidón, entre árbores froiteiras e oliveiras, para cruzarmos despois unha zona de soutos e viñedos e chegarmos ás aldeas abandonadas da Venda Vella e a Venda Nova. Baixamos despois ata capela das Farrapas, denominación que é posible que faga referencia ao lugar en que os camiñantes se desfacían dos seus farrapos, onde podemos atopar tamén un muíño de aceite en funcionamento.

Aquí o camiño vello pérdese baixo as modernas vías de comunicación e tomamos como alternativa a ruta que nos leva ata o lugar de Bendilló, pasamos ao carón da súa igrexa parroquial e entre oliveiras iniciamos unha pronunciada baixada ata a beira da estrada N-120. Segue unha corta subida ata a estrada local que conduce a Bendollo dende onde baixamos cara ao lugar de Ponte Soldón para dirixírmonos pola beira da estrada nacional á aldea de Sequeiros. Estes dous pequenos núcleos rurais, asentados na ribeira do río Sil, conservan todo o sabor da arquitectura popular da zona. Dende aquí, cruzando por un túnel baixo a N-120, iniciamos o ascenso que nos leva ata a aldeas dos Novaes e O Castelo, onde se atopan os restos do castelo de Torrenovaes. Aquí tiveron a súa primeira residencia no século XIII os comendadores da Orde de san Xoán de Malta, que tiñan entre outros cometidos o de asistiren os peregrinos que percorrían este camiño.

Aínda que o conxunto está en ruínas podemos ver sobre o arco de acceso ao pazo da Encomenda a Cruz de Malta. O camiño continúa coa baixada ao regato do Castelo e atravesa por unha ponte de pedra dun só arco e forte sabor medieval para dirixirse á aldea de Caspedro, próxima á casa de Outeiro, fundada a principios do século XVI por Gonzalo Fernández de Quiroga. Nesta vila hai unha fonte coa inscrición: “Caminante bebe y apaga tu sed”. Dende aquí o camiño segue polo Pazo Vello ata Quiroga. No entanto, a máis antiga das alternativas da ruta iría dende Caspedro a San Xulián de Arriba e polas casas da Carballeira ata O Hospital, que foi priorado da Orde de san Xoán de Malta e que toma o seu nome da existencia neste lugar dun hospital para peregrinos. Aquí atopouse a acta de defunción dun peregrino que se dirixía a Compostela.

O segundo paso desta alternativa é a Bergaza, aldea á que se accedería primitivamente pola desaparecida ponte Pedriña que permitía cruzar o río Quiroga. Atravesamos este lugar para dirixírmonos cara á Ermida polo alto de San Roque. Neste punto os primitivos cristiáns galegos levantaron sobre un asentamento castrexo a igrexa da parroquia da Ermida dedicada á Nosa Señora dos Remedios. O camiño que baixa pola zona coñecida como Regueiral, déixanos novamente na vila de Quiroga. O camiño sae de Quiroga polo barrio da Patrona para continuar pola beira dereita do río Sil atravesando as localidades da Robleda, Espandariz e, despois de pasar mos baixo a estrada N-120, O Pontido e Nocedo. Dende San Lourenzo de Nocedo o camiño inicia unha suave subida cara á montaña do Lor rodeado de piñeiros e con vistas do val do Sil cara á dereita, pola antiga estrada que conducía a Monforte ata o lugar onde se atopan as ruínas do lugar coñecido como O Cereixal, de onde parte unha pista forestal que nos levará a atravesar o cordal da serra do Aldriz cara ao val do río Lor.

Unha vez cambiamos de val, a ruta baixa suavemente cara a Riomaior e chega primeiro á ermida dos Remedios e logo ao Carballo de Lor, cabeceira da parroquia de Quintá de Lor. Esta foi unha aldea con bastante movemento dentro da ruta e, testemuña deste movemento que tivo, foi a existencia dun mesón onde repousarían homes e animais. Aínda hoxe se poden contemplar as argolas nas que se amarraban as bestas na fachada da construción que ocupou. Dende aquí a baixada continúa pola Trampilla e O Xanelo ata Barxa de Lor, lugar de emprazamento da ponte medieval pola que se atravesa o río Lor de cara á Pobra do Brollón e Monforte. Esta ponte, que aparece en todos os mapas dende o século XVI, ten pegada unha casa que nos seus tempos facía as funcións de pousada e, moi probablemente, era o lugar onde se cobraban os dereitos por atravesar a ponte.

Ver Ruta sur do Camiño de Santiago ou Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-67591640429355656472009-12-02T02:09:00.000-08:002011-08-12T03:00:22.934-07:00RUTA DA DEVESA DO CERVO
PERCORRIDO APROXIMADO: 5 km

DIFICULTADE: baixa/media

TEMPO ESTIMADO: 3 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre se atopa nas mellores condicións.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN FÍSICA E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Na aldea do Mazo, pertencente ao municipio de Quiroga, comeza unha ruta de sendeirismo que permite visitar nun só percorrido tres das principais devesas ou bosques autóctonos da serra do Caurel. O itinerario pasa polos bosques do Cervo, Montouto e Mazales a través dunha espectacular contorna paisaxística. Nas proximidades tamén se poden visitar as ruínas da ferrería do Mazo, unha antiga fábrica artesanal de ferro cuxa historia se remonta ao século XVII.

A ruta, que conduce ás devesas do Cervo, Montouto e Mazales, comeza na aldea do Mazo. A esta aldea accédese por unha pista asfaltada, que arrinca á dereita da estrada que leva da Cruz de Outeiro á Seara, en terras do municipio de Quiroga. A camiñada comeza á altura das casas do Mazo, nada máis cruzar o río Soldón, e seguindo o camiño que corre paralelo á canle do río pola súa marxe esquerda. Aos 300 metros, o camiño bifúrcase. O da dereita pasa pola ferrería do Mazo para saír a Outeiro. O desvío da esquerda, que é o que tomaremos, será o que nos leve ata as devesas.

Atravesamos un souto de castiñeiros e viramos á esquerda para empezar a descender dirección ao regato de Montouto, que se cruza por unha vella ponte de madeira logo de percorrermos 1,3 quilómetros. Aquí o camiño bifúrcase, o da dereita sae á ferrería do Mazo, e desviámonos polo da esquerda en dirección á devesa de Montouto na que penetramos aos poucos metros.

Ao internármonos na devesa de Montouto, a vexetación aumenta paulatinamente a medida que se avanza e obsérvanse numerosos exemplares de cancereixos, abeleiras, bidueiros, ameneiros, érbedos, diversas variedades de carballo...

O carreiro segue ascendendo suavemente durante un quilómetro. Merece a pena seguir un pouco o curso do río para observarmos a paisaxe virxe das súas marxes e as pequenas fervenzas, rápidos e pozas que a canle vai creando no escarpado terreo. Bordeamos a devesa de Mazales e cruzamos de novo o río Montouto por unhas pedras. A continuación o ascenso faise máis pronunciado e agora o carreiro entra na devesa do Cervo, onde se pode admirar un gran número de carballos centenarios. Uns metros antes de cruzarmos o río do Cervo temos un desvío á dereita que nos leva a unhas impresionantes fervenzas, duns 25 metros de altura, que esta canle crea antes de desembocar no Montouto. Cruzamos despois o regato do Cervo por unha ponte de madeira e seguimos o ascenso por unha das mellores carballeiras da zona. O percorrido pola devesa do Cervo lévanos de novo á de Montouto. A transición entre estes dous bosques apenas se nota, xa que ambas as masas arbóreas están practicamente unidas. Outra vez hai que cruzar o río Montouto, nun punto onde se atopa moi preto do seu nacemento. A partir deste punto, o carreiro faise menos transitable por mor da súa estreiteza. Xa só nos queda chegar ás cabanas de Montouto, situadas a uns 200 metros. Estas construcións eran utilizadas polos veciños de Outeiro durante a tempada de pastoreo e pasaban nelas quince ou vinte días ao mes. A partir de aquí, o camiño atópase totalmente pechado. Noutro tempo permitía ascender ao cume do Montouto e chegar ata o Bierzo.

Ver Ruta da devesa do Cervo en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-90786232213532897562009-12-01T01:16:00.000-08:002011-08-03T01:30:56.578-07:00RUTA DA FERVENZA DE VIEIROS
PERCORRIDO APROXIMADO: 2 km

DIFICULTADE: baixa

TEMPO ESTIMADO: 1 hora

Nas inmediacións da aldea quiroguesa de Vieiros, o río Selmo discorre por unha das paraxes máis impresionantes da serra do Caurel. Nun treito de menos dun quilómetro, o álveo salva un desnivel de máis de 150 metros a través dunha sucesión de fervenzas e rápidos. A máis espectacular é a coñecida como fervenza de Vieiros, con máis de 20 metros de altura, pero nas súas proximidades hai outras máis modestas que tamén merecen unha visita.

Esta ruta iníciase no punto quilométrico 11,400 da estrada que une A Cruz de Outeiro con Ferramulín. O sendeiro está perfectamente sinalizado, parte á dereita da mencionada estrada e descende en dirección ao río Selmo. A orientación cara á fervenza sempre é moi clara xa que a podemos ver dende o punto de partida. Unha vez no sendeiro e despois de camiñar 40 metros, chegamos á primeira encrucillada onde hai que tomar á dereita, xa en dirección ao salto de auga. O camiño discorre ao principio entre xestas e despois intérnase nun souto.

Nada máis pasar unha construción en ruínas, utilizada no seu día como sequeiro para as castañas, pódese baixar directamente ao pé da fervenza ou desviarse á dereita por unha canle de rego abandonada que nos levará á parte superior do salto de auga. Camiñando con moita precaución por esta canle durante uns metros, chegamos a un impresionante balcón natural dende o que se pode admirar a altura da caída de auga.

Unha vez superada a cabeceira, podemos seguir 30 metros río arriba ata chegarmos a unha pasarela de madeira que permite cruzar o río Selmo e continuar en sentido descendente pola condución artificial de auga que parte da presa situada uns metros máis arriba.

O camiño discorre agora por outra canle abandonada, espectacularmente tallada na parede rochosa da marxe dereita do río. É digno de admirar o paciente traballo levado a cabo para conducir a auga aos prados da parte inferior da fervenza e que hoxe nos permite a contemplación, dende outra perspectiva, deste espectáculo da natureza.

Cando levamos camiñados uns 60 m pola canle, atopamos unha nova bifurcación. O sendeiro da esquerda baixa novamente cara ao río Selmo e unha ponte de madeira serve para atravesalo e acceder á mesma base da fervenza, unha vez atravesado un tupido bosque de rebolos e abeleiras. Dende este punto podemos regresar novamente á estrada onde empezamos por un sendeiro de forte pendente que parte á esquerda.

Ver Ruta da fervenza de Vieiros en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-40730679082133120332009-12-01T01:10:00.000-08:002011-08-12T02:45:54.552-07:00RUTA DA SEARA-A GOLADA-PÍA PAXARO-A SEARA
PERCORRIDO APROXIMADO: 10,5 km

DIFICULTADE: media/alta

TEMPO ESTIMADO: 5 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Este itinerario permite gozar dalgúns dos panoramas máis espectaculares da serra do Caurel e pasar por terreos que agachan unha gran riqueza de flora e fauna, como os bosques da Campa do Corzo e a Devesa do Val, para rematar na aldea da Seara á que se baixa polo camiño da fonte das augas medicinais.

O comezo está situado no alto da Golada, onde cambian as augas do val do Soldón para o val do Selmo, na estrada que une Quiroga con Ferramulín. O desvío que debemos tomar para o inicio da nosa camiñada parte á esquerda segundo vimos de Quiroga. Aos 300 m a pista ramifícase en dous e debemos coller o camiño da dereita ata chegarmos ao lugar coñecido como Val da Cruz, emprazado a 1,2 km do desvío. Esta sección do camiño salva unha forte pendente. No quilómetro 1,8 pasamos polas proximidades da Campa do Corzo, nas faldras do monte coñecido como Cu de Galo.

Outro medio quilómetro máis de percorrido e entramos na Devesa do Val, coroada polo alto coñecido como Cabeza de Home. Neste bosque autóctono predominan os bidueiros, mesturados con outras especies como rebolos, acivros, carnabudos e o chan tapizado de arandos. Cruzamos a pé o regato Carrozo do Val para saírmos no quilómetro 3 ao Chao do Campo. Nesta pequena campa atopámonos cunha encrucillada de camiños: -o da esquerda leva cara á Cruz de Outeiro e -o da dereita ao monte Pía Paxaro, Vilarbacú e A Seara. Tomamos o da dereita e ao andarmos uns 100 m aparece un novo desvío pero seguimos de fronte. Despois doutros 50 m veremos un desvío á dereita, é o antigo camiño das Augas Minerais, procedente da Seara, que será o que collamos de volta. Para chegarmos ao cumio do Pía Paxaro temos que seguir pola pista principal sen apartármonos dela ata o lugar coñecido como a Campa do Abedul, punto no que collemos a pista cara á esquerda en descenso e novamente á esquerda para ascendermos ata o punto máis alto do monte, inconfundible polo vértice xeodésico e a caseta de vixilancia. Despois de visitarmos o cumio do monte, retornamos ao Chao do Campo empregando a mesma pista, para situármonos no inicio do camiño das Augas Minerais e rematarmos a ruta na aldea da Seara.

No primeiro quilómetro e medio de descenso, ata as proximidades das fontes, o camiño baixa por unha empinada pendente. Unha vez que chegamos ao Chao das Augas Minerais, para accedermos aos mananciais só teremos que andar uns 30 m por un sendeiro que aparece á dereita e baixa cara ao regato do Fócaro. A primeira fonte que atopamos é de augas ferruxinosas e uns metros máis adiante hai outra de auga calcaria. Seguimos baixando entre valados de pedra. Despois de camiñarmos entre o monte baixo preto dun quilómetro, dende as fontes, cruzamos o regato do Fócaro, bordeamos o teso de Pena Corval e descendemos en dirección á Seara pasando polo lugar do Golado, onde está o manancial denominado fonte dos Enfermos, cuxas augas se recomendan para tratar as doenzas gastrointestinais. O camiño xira de novo para saírmos aos poucos metros á estrada e á aldea da Seara, onde remata a ruta.

Ver Ruta da Seara - Golada - Pía Paxaro - A Seara en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-26178703333796419292009-12-01T01:00:00.000-08:002011-08-12T03:01:52.639-07:00RUTA DA SEARA-LAGOA DA LUCENZA-VIEIROS-A SEARA
PERCORRIDO APROXIMADO: 11,7 km

DIFICULTADE: media

TEMPO ESTIMADO: 5,30 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN FÍSICA E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Entre a aldea da Seara e a lagoa de orixe glaciar da Lucenza, no Concello de Quiroga, esténdese unha das rutas de sendeirismo máis destacadas da serra do Caurel.

Para tomar o camiño que une A Seara coa lagoa, debemos saír da aldea á estrada que une as localidades da Cruz de Outeiro e Ferramulín. Ao lado esquerdo da ponte pola que esta estrada cruza o río Selmo, arrinca o camiño. A 200 metros está O Fócaro, unhas das fervenzas máis espectaculares da serra do Caurel, cuns 30 metros de altura e cun caudal bastante estable durante todo o ano. Seguimos polo sendeiro principal ata o quilómetro 1,3 e alí cruzamos o regato que baixa da Lucenza e Porto Murelos polo pontón da Lomeira.

Dende este punto é posible contemplarmos un dos maiores saltos de auga da serra: a fervenza de Navaregas de preto de 70 metros. Ao saírmos da ponte o camiño circula flanqueado por dous altos valados de pedra e a subida é bastante forte agás nos últimos 200 m. Seguindo un indicador hai que desviarse á esquerda por un sendeiro que baixa algúns metros, cruzamos a pé o pequeno regato do Lago e subimos outros 30 m ata a cunca onde se atopa a lagoa. Ten uns 70 m de diámetro e pode chegar a secarse a finais dos veráns máis secos. É de orixe glaciar e a súa antigüidade remóntase ao Plistoceno Superior, hai máis de 16 000 anos. O percorrido ata este punto é de 2,8 quilómetros.

O sendeiro ascende ata a Campa da Lucenza e despois pola pista, en continuo e suave ascenso, chegamos ata o Teso das Papoulas. A continuación, a pista inicia un descenso moi pronunciado en zigzag, nun tramo que non chega aos 300 metros, ata o lugar da Boca da Rogueira. A partir de aquí vai máis ao chan para bordear o monte Formigueiros ata saír a unha bifurcación: o ramal da esquerda leva ao Alto do Couto, pero o percorrido descrito segue de fronte sen desviarse. Neste punto levamos 6,1 quilómetros.

A pista chega a un lugar polo que descendemos lixeiramente chamado Campa da Retorta. A partir de aquí xa se poden ver as veneiras: lugares onde se extraía o mineral de ferro a ceo aberto. Situadas á altura dunha zona achaiada, esténdense por ambas as ladeiras da montaña. Nesta zona, preto do lugar dos Castros, existen dúas explotacións mineiras auríferas soterradas, coñecidas polas xentes do lugar como cova de Arcos e cova de Augas.

Dende aquí empezamos o descenso, acusado durante o último quilómetro. O camiño xira para cruzar o regato do Pontón por unha pequena ponte de madeira. Ao seu carón atopamos o vello muíño de Vieiros. Saímos á estrada por riba da aldea de Vieiros e xa só restan uns 500 m pola estrada para regresarmos de novo ata a aldea da Seara despois de percorrermos un total de 11,7 quilómetros.

Ver Ruta de A Seara-lagoa de Lucenza-Vieiros-A Seara en un mapa más grande

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-60598158747522874782009-11-27T04:27:00.000-08:002011-08-02T03:32:33.192-07:00RUTA DA ENCOMENDA: OS NOVAES-A ERMIDA
PERCORRIDO APROXIMADO: 5 km

DIFICULTADE: baixa

TEMPO ESTIMADO: 2 horas

A ruta da Encomenda discorre entre o castelo de Torrenovaes e a aldea da Ermida, os dous centros administrativos dun antigo territorio que foi gobernado durante séculos polos monxes e cabaleiros da Orde de Malta. O itinerario forma parte do que foi en tempos un camiño real e posúe unha gran riqueza cultural e histórica. No seu percorrido, o visitante pode admirar vestixios históricos de moi diversas épocas (desde o Imperio Romano ata o século XIX) e espectaculares vistas do río Sil e o val de Quiroga.

O inicio da ruta atópase no castelo medieval de Torrenovaes, situado na cima dunha lomba na que tamén existen vestixios (algúns restos de foxos e muros defensivos) dun asentamento da época castrexa.

O camiño atravesa a aldea do Castelo e descende ata o regato do mesmo nome, situado a uns 300 metros, atravesándoo por unha ponte de fabricación medieval construída en pedra de cachotería do país. Ao cruzarmos a canle, comeza un ascenso suave por un vello camiño labrado na rocha viva. A vexetación nesta paraxe é de tipo mediterráneo, con predominio de aciñeiras, sobreirais e acacias. Uns 250 metros logo de cruzarmos o regato do Castelo, éntrase nunha zona onde veremos numerosos cantos rodados que proceden dunha explotación aurífera romana.

No quilómetro 1,7 hai que saír á estrada que leva ao lugar de Castro Mouco. Para enlazarmos co camiño antigo hai que camiñar polo asfalto uns cen metros, en sentido descendente. Continuamos polo camiño principal ata chegar á aldea de Caspedro. Ata aquí levamos percorridos 2,1 km. No centro da aldea o camiño bifúrcase. Hai que tomar o ramal da dereita ata San Xulián de Arriba, situada a 200 metros. Seguimos de fronte, sen desviármonos, ata chegar ao Hospital, a 900 metros, onde se atopa un dos conxuntos arquitectónicos máis relevantes de Quiroga.

Ao entrarmos no Hospital veremos á nosa esquerda a casa de Tor, cuxas orixes se remontan ao século XVI. A escasos metros está a casa da Encomenda, tamén coñecida como casa da Condesa. Á beira temos a igrexa de san Salvador e a capela de san Xoán. Esta última é unha xoia prerrománica do século X. Unha vez visitado este conxunto histórico, situarémonos de novo no cruzamento, á beira da casa de Tor, e seguiremos de fronte sen desviármonos. A nosa próxima parada está a 100 metros, na casa de Carballedo.

Máis adiante, no quilómetro 3,7 da ruta, o camiño sae á estrada que conduce a Vilañán. Na Bergaza hai que seguir polo camiño que aparece á esquerda, á altura dun tanque de auga. Agora tócanos subir unha pendente por espazo duns 400 metros ata chegarmos á Ermida. Antes debemos pasar por un cruzamento de pistas: a da dereita leva a Arxubín e continuamos pola da esquerda ata saírmos á estrada que conduce a Folgoso do Caurel. Ata aquí levamos percorridos 5,7 quilómetros. Camiñamos pola estrada durante 200 metros, en dirección a Quiroga, e a continuación temos que torcer á esquerda para entrar na Ermida. Alí podemos visitar a igrexa de santa María da Ermida, do século XVII. No seu altar maior foi atopado no século XIX unha das pezas de arte paleocristiá máis importantes de Galicia, o Crismón de Quiroga. Aquí termina a ruta.

Ver Ruta da Encomenda en un mapa más grande

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-12477731848639390342009-11-26T05:37:00.001-08:002011-08-12T03:02:32.264-07:00RUTA DE RUGANDO Á SEARA
PERCORRIDO APROXIMADO: 19 km

DIFICULTADE: media/alta

TEMPO ESTIMADO: 6 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre está nas mellores condicións.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN FÍSICA E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Estase traballando nesta ruta para mellorar a sinalización e a limpeza.

Esta ruta discorre polo único camiño -antes de que se construísen as novas pistas e estradas- que comunicaba as aldeas situadas na cunca do río Soldón. Noutros tempos foi moi utilizado para transportar o mineral de ferro extraído dos xacementos do monte Formigueiros cara ás ferrerías do Mazo do Soldón, Outeiro e Rugando.

Primeira etapa: Rugando-Outeiro (11 km)

A ruta comeza na aldea de Rugando xusto á beira do antigo edificio, hoxe restaurado para turismo rural, que formou parte das dependencias dunha ferrería. Hai que cruzar o río Soldón e camiñar pola estrada durante 500 metros ata chegar ao cruzamento para Vilarmel e Cereixido. Viramos á esquerda e na primeira curva, a 200 metros, aparece á esquerda da estrada un carreiro polo que hai que desviarse.

Ao comezarmos o camiño, veremos á esquerda outro desvío que leva ao momento de confluencia dos ríos Vilarmel e Soldón. Seguimos polo carreiro principal, que no primeiro quilómetro corre paralelo ao río Vilarmel, a bastante altura sobre a canle. No último quilómetro antes de chegarmos a Vilarmel, o carreiro atravesa un espeso bosque de castiñeiros que rodea o lugar. A aldea de Vilarmel, que conserva interesantes exemplos de arquitectura popular, caracterízase pola calidade da súa tradicional produción apícola, favorecida pola variada flora existente na zona. Nada máis saír da aldea chégase ao río Vilarmel, logo de percorrermos 400 metros. Axiña habemos cruzar o río, o camiño principal inicia unha leve subida durante 2 quilómetros para planear, a continuación, ata a altura do regato do Caroceiro. Logo de atravesalo por unhas pedras, hai un estreito carreiro á dereita para visitarmos a fervenza do Caroceiro que, cunha caída de 35 metros, é unha das máis altas desta zona. Na súa contorna, particularmente sombrío e húmido, crece un pequeno e frondoso bosque autóctono no que conviven varias especies: acivro, bidueiro, castaño, carballo, salgueiro... Ata aquí percorréronse 8 quilómetros.

Tras visitarmos a fervenza reiniciamos a camiñada. Ao pasarmos o regato de Recheín -que se cruza pisando unhas laxas- a vexetación dá un cambio radical. Entramos no souto de Outeiro, considerado como un dos bosques de castiñeiros máis extensos do Caurel. Un quilómetro máis de camiñada e sáese a un cruzamento de camiños. Hai que tomar o ramal da esquerda para cruzarmos o río Soldón a través dunha ponte de formigón que dá acceso á aldea de Outeiro, onde termina a primeira etapa, cuxo percorrido en total foi de 11 quilómetros, cunha dificultade baixa.

Segunda etapa: Outeiro-A Seara (8 km)

A aldea de Outeiro, antigo señorío da Orde monástico-militar de san Xoán de Xerusalén, é unha das máis peculiares da montaña de Quiroga. As vivendas da aldea, moi amontoadas, descolgan os seus balcóns e galerías de madeira sobre unha ladeira empinada. A tipoloxía tradicional das súas construcións confire un aire case medieval á localidade.

O inicio da seguinte etapa é no mesmo punto onde se deixou o cruzamento de camiños, á beira da ponte que cruza o río Soldón. Á súa altura e á beira do río aínda poden verse os restos da antiga factoría de ferro local e o edificio da vella central eléctrica. Nada máis saír ao camiño principal hai que virar á esquerda. No primeiro quilómetro, o camiño atravesa un bosque de castiñeiros onde tamén crecen algúns freixos e chopos. No quilómetro 2,5 chégase á antiga ferrería do Mazo. Aquí o carreiro bifúrcase: o ramal da dereita vai ás devesas do Cervo, Mazales e Montouto e o da esquerda conduce á aldea do Mazo. Hai que seguir por este último. Pasamos por entre unhas vellas construcións pertencentes á ferrería e cruzamos, seguidamente, o río Montouto pola ponte chamada da Ferrería. Logo dun quilómetro máis de camiñada chégase á única vivenda que forma a aldea do Mazo. Nada máis pasarmos este edificio, hai que cruzar o río Soldón por unha ponte e virar despois á esquerda por unha pista que sobe en dirección á estrada. Aos 50 metros, tórcese á dereita polo antigo camiño que leva ata O Soldón da Seara, ao que se chega unha vez percorridos 700 metros.

Agora hai que subir por un bosque de castiñeiros ata a estrada, onde se atopa a aldea do Soldón, e camiñar por ela 50 metros, en dirección á Seara, para retomarmos de novo o antigo camiño que parte á dereita da estrada. Camiñamos durante 600 metros ata chegar a unha bifurcación: o camiño da dereita leva ata o lugar das Lastras, unha vez cruzado o río Soldón, e nós debemos ir polo da esquerda. Pásase polas Penelas e o lugar do Caleiro, aquí quedan os restos dun forno de cal. A ruta bordea a cova de Palleiros e inicia unha curta subida ata o alto da Golada e, a continuación, sae á estrada que conduce á Seara polo lugar do Prado de Pereiro. Só restan 1,5 quilómetros máis de camiñada, polo asfalto, para chegar á Seara, final da ruta.

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-28619960575078334742009-11-26T04:14:00.001-08:002011-08-04T03:02:33.041-07:00RUTA DE CAMPOS DE VILA-CASA DO VELLO-CAMPOS DE VILA
PERCORRIDO APROXIMADO: 14,6 km

DIFICULTADE: baixa/media

TEMPO ESTIMADO: 5 horas

Esta ruta de sendeirismo circular, de algo máis de 14 quilómetros, permite coñecer un bo número de singulares paraxes na contorna dos ríos de Pacios e Quiroga. Unha antiga ferrería, un pedregal de orixe glaciar, notables exemplares de arquitectura popular e unha variada vexetación, onde se combinan as influencias dos climas atlántico e mediterráneo, son algúns dos atractivos deste itinerario. O percorrido empeza na aldea de Campos de Vila. Logo de cruzar o lugar aparece unha bifurcación. Tomamos o camiño da dereita para saírmos á estrada que vai de Campos de Vila a Penas Rubias e Pacios da Serra. Desviámonos á esquerda pola estrada en dirección a Pacios da Serra.

Seguimos o noso percorrido pola estrada. Esta empeza a tomar altura de forma progresiva, pero sen chegar a ser excesiva. A próxima parada será aos 4,6 quilómetros, concretamente á altura dunha pista de terra que arrinca á dereita da estrada e pola que temos que desviarnos.

Antes de tomarmos este desvío tamén temos a opción de visitar a aldea abandonada de Barxas, un extenso pedregal orixinado hai miles de anos por un antigo glaciar e a maior concentración de érbedos de toda a comarca. Para iso seguiremos andando pola estrada durante un quilómetro máis. Unha pista de terra que sae á dereita da estrada permitiranos acceder á devandita aldea. Se non nos decidimos por esta alternativa, tomamos o desvío anterior para baixarmos ao regato de Pacios. Vemos os primeiros érbedos, pasamos á beira dunha gran sobreira e unha alvariza repleta de colmeas. Nesta zona a vexetación predominante son as acacias, as breixeiras e os érbedos. Cruzamos o regato de Pacios por unha ponte dos Barreiriños. Uns 300 metros máis adiante chegamos á altura do río Quiroga, onde nos atopamos cunha bifurcación. Tomaremos o ramal da esquerda para visitarmos a aldea de Casa do Vello, situada a dous quilómetros deste desvío.

O tramo do camiño que nos leva a Casa do Vello corre paralelo ao río Quiroga. Casa do Vello conserva curiosas mostras de arquitectura popular na maioría das súas vivendas, que posúen vistosos e amplos corredores e balcóns de madeira. Deixamos a aldea e retornamos ao desvío anterior. Cruzamos o río Quiroga pola ponte chamada do Chao do Toxo e, ao chegarmos a este punto, levamos percorridos 10 quilómetros. Viramos á dereita en dirección á ferrería da Rodela, a nosa próxima parada, que se atopa a 3,2 quilómetros deste lugar. A ferrería da Rodela aínda ofrece un aspecto impresionante. Alí pode verse unha gran casa onde viviron os donos da factoría, un edificio que conserva aínda un aire de grandeza cos seus sólidos muros e os seus balcóns de ferro forxado.

WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-43551365732829970762009-11-26T04:06:00.000-08:002011-08-09T01:51:04.946-07:00RUTA DO PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA. LEIXAZÓS-CAMPOS DE VILA
PERCORRIDO APROXIMADO: 8,5 km

DIFICULTADE: media

TEMPO ESTIMADO: 4 horas

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre se atopa nas mellores condicións.

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN FÍSICA E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Na estrada de Quiroga a Folgoso do Caurel foi aberto recentemente un miradoiro que permite contemplar o pregamento de Campodola, un dos accidentes xeolóxicos máis singulares de Galicia e de toda a Península. O gran pregamento de cuarcita e lousa pode ser observado de cerca e desde unha perspectiva moi diferente grazas a un antigo camiño que une Quiroga coas aldeas de Campos de Vila, Campodola e Leixazós. O carreiro pasa xustamente por baixo da espectacular formación xeolóxica.

A ruta comeza na aldea quiroguesa de Leixazós, a cal se atopa no fondo do estreito val do río Ferreiriño e rodeada dun espeso bosque de castiñeiros. Esta localidade conserva en bastante bo estado a súa arquitectura tradicional, caracterizada por amplos corredores e balcóns de madeira.

Este antigo camiño une as localidades de Leixazós coa próxima aldea de Campodola, segue despois cara a Campos de Vila e finaliza en Quiroga. Por este camiño transportábase en carros a madeira que foi en tempos un importante recurso para os veciños da zona.

O camiño arrinca na parte baixa da aldea de Leixazós e a última construción que deixamos á nosa dereita é a capela da aldea. Entramos nun extenso souto de castiñeiros e empezamos a baixar ata as proximidades do río Ferreiriño. Logo de ½ quilómetro de percorrido, saímos da espesura do bosque e xa temos as primeiras vistas panorámicas do pregamento xeolóxico á esquerda. Agora o camiño faise plano e discorre entre monte baixo ata as proximidades da aldea de Campodola. No quilómetro dous chegamos a unha bifurcación e o carreiro da dereita sobe á localidade de Campodola, distante 200 metros. Tomamos o da esquerda que nos leva ao pregamento xeolóxico e á localidade de Campos de Vila.

Baixamos en dirección ao río Ferreiriño para cruzármolo, aos poucos metros, por unha ponte de madeira. Ao longo de 500 metros, a ruta discorre por un bosque autóctono no que predomina o castiñeiro. A medida que ascendemos pola ladeira o camiño vaise afastando do río Ferreiriño, que corre polo fondo dun estreito val cuberto dunha densa vexetación e que vai formando varias fervenzas e saltos de auga. Máis adiante, o bosque dá paso a unha zona de monte baixo onde abundan as breixeiras e os érbedos. Neste tramo, formacións rochosas de grande altura elévanse verticalmente sobre os bordos do camiño, que nalgúns treitos foi escavado directamente na rocha e reforzado con muros de pedra. Estamos no lugar ideal para contemplarmos este monumento xeolóxico en toda a súa amplitude.

Ver Ruta do pregamento xeolóxico de Campodola en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7368394670427642660.post-88252417204809069872009-11-16T02:14:00.001-08:002011-08-04T03:51:55.070-07:00RUTA DO OURO E O ACEITE: MONTEFURADO-BENDILLÓ
PERCORRIDO APROXIMADO: 7 km

DIFICULTADE: media

TEMPO ESTIMADO: 3 horas

A localidade de Montefurado, no municipio de Quiroga, é coñecida ante todo polo espectacular túnel escavado polos romanos na Pena do Corvo para explotar o ouro do Sil. No entanto, dende o punto de vista histórico, non son menos importantes as pequenas medulas e a rede de galerías que deixaron na zona as actividades mineiras realizadas na antigüidade. En Montefurado foi preciso desviar a canle do río Sil nun tramo de tres quilómetros para atacar os grandes aluvións auríferos da zona.

Estes depósitos foron estriados e lavados completamente mediante un complexo sistema de canles e galerías subterráneas nas que se introducían grandes cantidades de auga, para erosionar e derruír os aluvións que gardaban o ouro. Destas galerías aínda hoxe se poden ver algunhas en determinadas zonas da explotación, ata no interior de varias vivendas situadas na fronte e parte superior do aluvión, e que hoxe son utilizadas como apreciadas adegas para gardar o viño. Tras a explotación masiva do aluvión, só quedaban sobre o terreo o lodo e os cantos rodados ou estériles. A acumulación destes materiais de refugallo orixinou estes peculiares conos ou medulas que hoxe forman parte da actual paisaxe da aldea de Montefurado.

O elemento máis impresionante do antigo conxunto mineiro de Montefurado é, sen dúbida, o famoso túnel perforado na rocha para desviar o curso do Sil e sen beneficiarse dos aluvións. Mide 75 metros de lonxitude, 19 de ancho e 17 de alto. A obra foi realizada ao parecer no século II, en tempos do emperador Traxano. Para visitarmos o túnel hai que tomar unha pista asfaltada, sinalizada á saída de Montefurado, que nos leva directamente ata esta obra monumental. O túnel atópase a 1,5 quilómetros desta localidade. Tamén hai que destacar a igrexa parroquial de san Miguel de Montefurado, un edificio de cantería con planta de cruz latina e que sobresae polas súas grandes dimensións.

● Ruta do aceite. Nas terras de Quiroga e na cunca do río Sil, fanse patentes as peculiaridades bioclimáticas que permiten o cultivo da oliva. Nas últimas décadas decaeu considerablemente a súa produción, aínda que na actualidade trátase de recuperar vellos oliveirais e crear novas plantacións de oliveiras nas localidades de Montefurado, Bendollo e Bendilló, onde tamén se atopan as plantacións máis extensas de oliveiras. A elaboración do aceite séguese facendo ao estilo tradicional polos olivareiros de Quiroga. A produción artesanal hoxe en día é moi baixa, apenas unhas decenas de litros. Noutros tempos, algúns veciños chegaban a producir ata 500 litros de aceite ao ano, o que supuña importantes ingresos para a economía familiar. Destes artesanais muíños, xa só dous producen aceite de forma regular. Un atópase na aldea de Bendollo e o outro, restaurado en boa parte, nas proximidades de Bendilló. Neste último muíño celébrase anualmente a Mostra do Aceite e atópase preto da chamada capela das Farrapas. O muíño e a capela das Farrapas están ao bordo da estrada que leva a Bendilló desde a N-120 e dista 7 quilómetros de Quiroga e 5 de Montefurado.

Ver Ruta do ouro e do aceite: Montefurado - Bendilló en un mapa más grande
WEBMASTERhttp://www.blogger.com/profile/07142168627079560969noreply@blogger.com0